Ir al contenido principal

Entradas

Destacada

Lectura feminista? Obrigatoria.

O movemento feminista, coma calquer movemento social ou político, posúe as súas propias teóricas e referentes, coma tamén as súas milleiras de anónimas. A historia das mulleres é, en xeral, unha historia radical. Mais é radical porque así precisa selo, é unha mera cuestión de necesidade, da resistencia á norma redactada polos homes e da oposición á normalización do doméstico e do íntimo pensada para os homes. Refírese entón á necesidade radical de rachar con esa normalización que as oprime, acadando así plena igualdade con respecto aos homes. Neste sentido, a loita da muller pode considerarse coma a loita social más necesaria a librar, tamén porque non deixa de ser unha loita de clases, sendo, entón, inherentemente anticapitalista. É feminista, por exemplo, legalizar os ventres de aluguer? A ollos dun liberal, non. A ollos dun marxista, non. A diferenza é que o liberal porá por diante as malinterpretadas "liberdades individuais" fronte ós intereses de clase, aproveitando o di...
Entradas recientes

"Fight Club", de David Fincher

Falamos de clásicos " mainstream "? Como supoñemos que non liches o libro nin viches o filme (non sei onde estarías metido), imos comentar así por enrriba. “ Fight Club” é, ao meu parecer, unha das obras mestras de David Fincher . Empeza cunha técnica narrativa (voz en off en primeira persoa) idéntica á do libro no que se basea ( Fight Club, de Chuck Palahniuk ). Cóntanos a vida insípida e aburrida de Jack (Edward Norton ), ou polo menos imos sobrepoñer que se chama Jack, xa que nunca queda claro, quen a pesar de ter un gran apartamento e un emprego que lle permite viaxar con frecuencia, sente un profundo baleiro existencial, o que lle converte nun infeliz. Jack representa o bucle consumista e ordinario que che converte en escravo dun estilo de vida totalmente artificial. Ademais, o noso prota padece de insomnio, e para conciliar o sono comeza a frecuentar (por recomendación do seu médico) grupos de autoaxuda para enfermos crónicos ou terminais, o que curiosamente ...

"The Wolf of Wall Street" e as virtudes capitalistas.

Que mellor maneira de inaugurar este blog que comentando unha das películas máis épicas dos últimos anos? A ver, que ten tres anos, pero tal e como anda a sétima arte... Ademáis, cantas obras de tal tamaño dos últimos tres anos coñecedes con tanta mensaxe e transcendencia? Persoalmente, acostumo tomar precaucións á hora de ver unha obra norteamericana. Non por nada, senón porque Hollywood acostuma a facer un cine enganoso. Mais coa antepenúltima obra de Martin Scorsese, non puiden resistirme. Tamén hai que dicir que, por suposto, a obra non é perfecta. E ao final, quédache unha sensación un tanto extraña, como de indignación, pero inexpresiva. Non coa historia, senón contigo mesmo. Coma se subconscientemente souberas que, realmente, o que acabas de ver, ten máis de verdade que de ficción. O cal é moi característico, porque isto pretende ser superficialmente unha épica. E isto non sucede noutras épicas de Scorsese, por exemplo en "Goodfellas", e iso que ten 20 anos. Por tan...

Estrea

Por fin teño o tempo e as ganas para volver a escribir. Para volver facer un blog. Para volver dispor dunha forma de falarlle ao mundo. E aínda que, de novo, teña que ser nun formato díxital. Mais oe, isto é o que hai. No outro blog as cousas foran bastante ben: boa audiencia, boa evolución das publicacións,... A pesar de que hoxe o lea e padeza auténticas arcadas. Era xove e inocente... Soñaba coa III República e con que o cine europeo ía explosionar, facía análises baleiras e algunhas ata amarelistas. Por favor, se nese blog hai publicacións miñas dicindo que Esquerda Unida era comunista. E misturaba ideas de tal forma, que podíache defender a República e ao mesmo tempo falarche de independencia. Incluso cheguei a considerar un bo libro "No estamos locos", de Wyoming. Eran tempos de transición. Pero os libros e as experiencias moldean a túa cabeza. Se queredes podedes visitalo aquí: http://quehablenlosmudos.blogspot.com.es/ Ou non, mellor que non. Así que a cousa va...