Ir al contenido principal

Estrea


Por fin teño o tempo e as ganas para volver a escribir. Para volver facer un blog. Para volver dispor dunha forma de falarlle ao mundo. E aínda que, de novo, teña que ser nun formato díxital. Mais oe, isto é o que hai.

No outro blog as cousas foran bastante ben: boa audiencia, boa evolución das publicacións,... A pesar de que hoxe o lea e padeza auténticas arcadas. Era xove e inocente... Soñaba coa III República e con que o cine europeo ía explosionar, facía análises baleiras e algunhas ata amarelistas. Por favor, se nese blog hai publicacións miñas dicindo que Esquerda Unida era comunista. E misturaba ideas de tal forma, que podíache defender a República e ao mesmo tempo falarche de independencia. Incluso cheguei a considerar un bo libro "No estamos locos", de Wyoming. Eran tempos de transición. Pero os libros e as experiencias moldean a túa cabeza. Se queredes podedes visitalo aquí: http://quehablenlosmudos.blogspot.com.es/ Ou non, mellor que non.

Así que a cousa vai ser así, moi similar á miña anterior experiencia: opinión, crítica, diferentes categorías e temas,... dado que era un formato que funcionaba moi ben. E co que realmente podía abarcar calquer ámbito. De modo que si, haberá política, haberá cine, haberá lectura, haberá videoxogos (xa falaremos disto), vai haber o que me de a gana. A pesar de todo, non deixa de ser o meu blog. Así que aquí vos queda, a mítica primeira carta de presentación que ninguén le. Dígoo por experiencia.

Comentarios

Populares

Lectura feminista? Obrigatoria.

O movemento feminista, coma calquer movemento social ou político, posúe as súas propias teóricas e referentes, coma tamén as súas milleiras de anónimas. A historia das mulleres é, en xeral, unha historia radical. Mais é radical porque así precisa selo, é unha mera cuestión de necesidade, da resistencia á norma redactada polos homes e da oposición á normalización do doméstico e do íntimo pensada para os homes. Refírese entón á necesidade radical de rachar con esa normalización que as oprime, acadando así plena igualdade con respecto aos homes. Neste sentido, a loita da muller pode considerarse coma a loita social más necesaria a librar, tamén porque non deixa de ser unha loita de clases, sendo, entón, inherentemente anticapitalista. É feminista, por exemplo, legalizar os ventres de aluguer? A ollos dun liberal, non. A ollos dun marxista, non. A diferenza é que o liberal porá por diante as malinterpretadas "liberdades individuais" fronte ós intereses de clase, aproveitando o di...