Falamos de clásicos " mainstream "? Como supoñemos que non liches o libro nin viches o filme (non sei onde estarías metido), imos comentar así por enrriba. “ Fight Club” é, ao meu parecer, unha das obras mestras de David Fincher . Empeza cunha técnica narrativa (voz en off en primeira persoa) idéntica á do libro no que se basea ( Fight Club, de Chuck Palahniuk ). Cóntanos a vida insípida e aburrida de Jack (Edward Norton ), ou polo menos imos sobrepoñer que se chama Jack, xa que nunca queda claro, quen a pesar de ter un gran apartamento e un emprego que lle permite viaxar con frecuencia, sente un profundo baleiro existencial, o que lle converte nun infeliz. Jack representa o bucle consumista e ordinario que che converte en escravo dun estilo de vida totalmente artificial. Ademais, o noso prota padece de insomnio, e para conciliar o sono comeza a frecuentar (por recomendación do seu médico) grupos de autoaxuda para enfermos crónicos ou terminais, o que curiosamente ...
Temos moito que falar