Ir al contenido principal

"Fight Club", de David Fincher

Falamos de clásicos " mainstream"? Como supoñemos que non liches o libro nin viches o filme (non sei onde estarías metido), imos comentar así por enrriba. “Fight Club” é, ao meu parecer, unha das obras mestras de David Fincher. Empeza cunha técnica narrativa (voz en off en primeira persoa) idéntica á do libro no que se basea (Fight Club, de Chuck Palahniuk). Cóntanos a vida insípida e aburrida de Jack (Edward Norton), ou polo menos imos sobrepoñer que se chama Jack, xa que nunca queda claro, quen a pesar de ter un gran apartamento e un emprego que lle permite viaxar con frecuencia, sente un profundo baleiro existencial, o que lle converte nun infeliz. Jack representa o bucle consumista e ordinario que che converte en escravo dun estilo de vida totalmente artificial.
Ademais, o noso prota padece de insomnio, e para conciliar o sono comeza a frecuentar (por recomendación do seu médico) grupos de autoaxuda para enfermos crónicos ou terminais, o que curiosamente lle produce un alivio emocional, motivo polo cal vólvese un adicto a estas sesións terapéuticas. Aquí, David Fincher reflicte como a desgraza allea supón en parte un consolo na vida do protagonista. Necesita sumirse na dor e a desgraza allea ao non dispoñer dunha propia. É aquí onde aparece Marla Singer, outra adicta a estas sesións, que provoca coa súa presencia que o protagonista non poida desafogarse na dor allea e que terá un papel relevante durante toda a historia, polo que cabe mencionala. Marla convértese nunha interferencia constante na vida do noso protagonista, e varía en función de se interfere con Jack, ou interfere con Tyler, o cal dalle moita dinámica a historia (aínda que as veces convértese nunha mera excusa de recheo). E en verdade aínda non sei que representación darlle a Marla, dado que, a pesar de que en esencia representa o mesmo en papel e pantalla, non se recibe da mesma maneira que no libro. En fin, imos ao tema. A vida de Jack cambia por completo cando coñece a un carismático e excéntrico vendedor de xabóns chamado Tyler Durden. Jack e Tyler establecen unha amizade peculiar na que se vai describindo a natureza transgresora de Tyler, a súa filosofía de vida e a súa particular visión do mundo, que choca totalmente coa de Jack. Seres aparentemente antagonistas pero complementarios. Falando desde o guión, isto é outro punto a favor para a obra. Ambos fundan “O club da loita”, un club clandestino onde un grupo de homes normais ou non, correntes currantes, deshumanizados, se reune os fins de semana nun bar particular de estrada para pelexar entre eles. A loita é a pedra angular de toda a película. É exposta como unha vía de escape, un desafogo espiritual para que os integrantes do club poidan liberar todas as súas emocións e frustracións persoais. En realidade, trátase dunha loita interna por reivindicar o seu propio individualismo (unha exaltación do “eu”), e por sentirse en liberdade, algo que non poden facer nin sentir á marxe desta pequena familia. A violencia é unha metáfora salvaxe do espertar duns homes, anestesiados pola sociedade de consumo, cuxo materialismo os escravizou e baleirado. De feito, ao club enténdeselle como a representación dos colectivos antisistema nesta obra. Volvendo ao escenario da película, aos poucos o club inicial de Jack e Tyler vai estendéndose a nivel nacional, e van xurdindo diferentes clubs da loita repartidos por todo o país. Finalmente, o “Club da loita” transfórmase nun “grupo terrorista” (obxectivo principal de Tyler, e que poño entre comiñas porque, en fin, porque si), que realiza actos e atentados para combater un sistema consumista e decadente. Durante a metraxe hai suficientes sinais para ir resolvendo o quebracabezas que nos ofrece Fincher en varios aspectos da trama. Como nos fala de quen son e como é o mundo que nos rodea, de como nos venderon a perfección na miseria. Por favor, Tyler finánciase facendo xabón coas graxas das lipos de "pijas" que rouba en centros de estética, e despois véndello de volta ás mesmas "pijas". Máis descarado, ou? "O club da loita” non é unha das mellores películas que vin. Quizais encaixa moi ben cos meus ideais, retratando esa sátira mordaz da sociedade consumista e das falsas aparencias e valores sociais, pero non é do mellor en canto a cine crítico. Sen embargo, posúe certo encanto propio, obriga a sacar o teu propio instinto de supervivencia, explorando o existencialismo máis primitivo e reprimido do ser humano. É esa clase de obras que che fan reformular o teu sistema de valores, chegando a cuestionar o teu modo de vida, estilo “V de Vendetta”, “O Show de Truman”, “A Illa”, “Educación prohibida”, e cen títulos máis que se me ocorren. Ten demasiadas mensaxes e chiscadelas filosóficas como para analizalas todas (tampouco é plan de poñerse aquí en modo experto). Poida que "Fight Club" non sexa perfecta na súa técnica. Poida que non sexa perfecta na súa trama. Poida que nin sequera sexa unha boa metraxe debidamente medida. Pero é perfecta en canto a transmitir unha mensaxe refírese. Unha película que sempre recomendo e que me entristece que no seu momento (1999) non tivese tanta repercusión.

Comentarios

Populares

Lectura feminista? Obrigatoria.

O movemento feminista, coma calquer movemento social ou político, posúe as súas propias teóricas e referentes, coma tamén as súas milleiras de anónimas. A historia das mulleres é, en xeral, unha historia radical. Mais é radical porque así precisa selo, é unha mera cuestión de necesidade, da resistencia á norma redactada polos homes e da oposición á normalización do doméstico e do íntimo pensada para os homes. Refírese entón á necesidade radical de rachar con esa normalización que as oprime, acadando así plena igualdade con respecto aos homes. Neste sentido, a loita da muller pode considerarse coma a loita social más necesaria a librar, tamén porque non deixa de ser unha loita de clases, sendo, entón, inherentemente anticapitalista. É feminista, por exemplo, legalizar os ventres de aluguer? A ollos dun liberal, non. A ollos dun marxista, non. A diferenza é que o liberal porá por diante as malinterpretadas "liberdades individuais" fronte ós intereses de clase, aproveitando o di...