Que mellor maneira de inaugurar este blog que comentando unha das películas máis épicas dos últimos anos? A ver, que ten tres anos, pero tal e como anda a sétima arte... Ademáis, cantas obras de tal tamaño dos últimos tres anos coñecedes con tanta mensaxe e transcendencia? Persoalmente, acostumo tomar precaucións á hora de ver unha obra norteamericana. Non por nada, senón porque Hollywood acostuma a facer un cine enganoso. Mais coa antepenúltima obra de Martin Scorsese, non puiden resistirme. Tamén hai que dicir que, por suposto, a obra non é perfecta. E ao final, quédache unha sensación un tanto extraña, como de indignación, pero inexpresiva. Non coa historia, senón contigo mesmo. Coma se subconscientemente souberas que, realmente, o que acabas de ver, ten máis de verdade que de ficción. O cal é moi característico, porque isto pretende ser superficialmente unha épica. E isto non sucede noutras épicas de Scorsese, por exemplo en "Goodfellas", e iso que ten 20 anos. Por tan...
Temos moito que falar